Wednesday 08 de May de 2024

Aprazada a proxección de “El reto de Eva”, documental sobre a enfermidade de DENT


O Concello de Brión informa do aprazamento da proxección do documental “El reto de Eva”, prevista inicialmente para este domingo, debido á imposibilidade de que a presidenta de ASDENT, Eva Giménez, poida estar presente no acto. Este aprazamento é unha medida de precaución xa que esta persoa vén de participar nos últimos días en varios actos da asociación na cidade de Vitoria, unha das zonas máis afectadas polo coronavirus COVID-19, e non pode desprazarse a Brión, tal e como estaba previsto.